Competencias Específicas
Comprender as ferramentas matemáticas básicas, necesarias para a formalización do comportamento económico
Comprender a linguaxe económica básica e o modo de pensar dos economistas
Coñecer o marco institucional da economía
Capacidade para situar a economía na súa evolución histórica
Comprender as bases de funcionamento da economía, tanto nos ámbitos máis amplos como nos máis próximos
Adquirir coñecementos de Análise económica
Comprender o entorno empresarial
Habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante e o seu contido
Identificar e anticipar problemas económicos relevantes nos ámbitos público e privado
Capacidade de formular modelos simples de relación das variables económicas, baseados na utilización de instrumentos técnicos
Capacidade de elaborar medidas de política económica para alcanzar uns obxectivos dados
Avaliar, utilizando técnicas empíricas, as consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as máis idóneas
Competencias Transversais
Respecto aos valores éticos e cívicos. Compromiso ético co traballo
Desenvolver sensibilidade respecto ao medio ambiente e compromiso cunha economía sustentable
Capacidade de traballar en equipo
Espírito emprendedor e capacidade de liderado, incluíndo empatía co resto de persoas
Responsabilidade e capacidade de asumir compromisos
Habilidades para argumentar de forma coherente e intelixible, tanto orais como escritas
Competencias ligadas á procura e organización de documentación e á presentación do seu traballo de maneira adecuada á audiencia
Ler e comunicarse en inglés no ámbito profesional
Capacidade de elaborar informes de asesoramento económico
Fomentar a actitude crítica e autocrítica
Capacidade de xerar reflexións propias sobre problemas de natureza económica e os seus efectos sociais e éticos
Exercitar habilidades de aprendizaxe autónoma que abran campos para a innovación