Posuír e comprender coñecementos sobre os aspectos internos, funcións e procesos das organizacións incluíndo a súa natureza, estrutura, goberno, operativa e dirección
Posuír e comprender coñecementos sobre as interrelacións existentes entre os distintos subsistemas que conforman o sistema empresarial
Posuír e comprender coñecementos sobre as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais a respecto de como funciona a economía
Posuír e comprender coñecementos sobre o marco económico que regula as actividades empresariais, e a correspondente normativa
Posuír e comprender coñecementos sobre a relación entre a empresa e o seu entorno avaliando a súa repercusión na estratexia, comportamento, xestión e sustentabilidade empresarial
Posuír e comprender coñecementos sobre os distintos procesos, procedementos e prácticas de xestión empresarial
Posuír e comprender coñecementos sobre as principais técnicas instrumentais aplicadas ao ámbito empresarial
Aplicar os coñecementos adquiridos a futuras situacións profesionais e desenvolver competencias relacionadas coa elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da súa área de estudo
Identificar a xeneralidade dos problemas económicos que se suscitan nas empresas, e saber utilizar os principais instrumentos existentes para a súa resolución
Valorar, a partir dos rexistros relevantes de información, a situación e previsible evolución dunha empresa
Tomar decisións estratéxicas utilizando diferentes tipos de modelos empresariais
Solucionar de maneira eficaz problemas e tomar decisións utilizando métodos cuantitativos e cualitativos apropiados, incluíndo entre eles a identificación, formulación e solución dos problemas empresariais
Mobilidade e adaptabilidade a entornos e situacións diferentes
Elaborar os plans e políticas nas diferentes áreas funcionais das organizacións