Presentación

Este grado habilita para la profesión regulada de Ingeniero Técnico Industrial. Ofrece competencias para desarrollar proyectos en el ámbito tecnológico mecánico de la ingeniería industrial. Además aporta los conocimientos necesarios para valorar el impacto social y medioambiental de las soluciones técnicas y trabajar en un medio multidisciplinar. Este grado da acceso al máster en Ingeniería Industrial que habilita para esa profesión regulada.

Requisitos

Perfil de ingreso: O alumnado deberá contar entre outras, coas seguintes habilidades: facilidade para ás matemáticas, a física; disposición para traballar en equipo; capacidade de abstracción e concreción; creatividade e decisión no traballo etc.

Programa

Primer Curso:
Cálculo
Física I
Química
Expresión Gráfica
Informática
Álxebra
Física II
Estatística
Ciencias de Materiais
Xestión Empresarial

Segundo Curso:
Ecuacións Diferenciais
Termodinámica
Fundamentos de Electricidade
Enxeñaría Ambiental
Mecánica
Mecánica de Fluídos
Fundamentos de Automática
Fundamentos de Electrónica
Resistencia de Materiais
Teoría de Máquinas

Tercer Curso:
Tecnoloxía de Máquinas
Calor e Frío Industrial. Refrixeración
Resistencia de Materiais II
Construcións Industriais I
Tecnoloxías de Fabricación
Estruturas
Enxeñaría de Materiais
Metroloxía e Control de Calidade
Máquinas Térmicas e Hidráulicas
Organización de Empresas

Cuarto Curso:
Xestión de Proxectos
Deseño e Análise Asistida por Ordenador
Optativa
Optativa
Optativa
Optativa
Optativa
Optativa
Traballo de fin de grao

Optativas:
Estruturas II
Estruturas de Formigón
Estruturas Metálicas
Instalacións Industriais
Soldadura
Construcións Industriais
Vibracións
Elementos de Máquinas
Enxeñaría de Vehículos
Hidráulica e Pneumática
Mantemento
Comportamento en Servizo
Actuadores e Sensores
Fiabilidade Estatística e Métodos Numéricos
Prácticas en empresas

Salidas profesionales

Habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a industrial.
Os enxeñeiros mecánicos son uns dos profesionais con máis tradición no ámbito de enxeñaría. Os campos en que a enxeñaría mecánica realizou achegas fundamentais son o deseño de máquinas, os procesos de fabricación e a construción industrial.
As persoas graduadas en Enxeñaría Mecánica poden desenvolver a súa profesión na industria mecánica e térmica, na administración pública, nas empresas privadas e na docencia.

Aplicacións:
-Análise, deseño e ensaio de máquinas, motores e sistemas mecánicos
-Sector automobilístico
-Desenvolvemento de sistemas robotizados
-Sistemas de fabricación
-Proxecto e construción de fábricas e plantas industriais
-Enxeñaría de instalacións industriais e para a edificación
-Enxeñaría de mantemento
-Enxeñaría de transporte
-Xestión e organización de empresas
-Participación en proxectos multidisciplinares
-Participación en proxectos de investigación

Competencias

Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, coma mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de canalizacións, canles e sistemas de fluídos.
Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais.
Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.

Publicidad

Ver otros estudios de...